top of page

Comunicado da organización

A edición número once do Pasabodeghas xa vai alá. Pasada a resaca festeira, e despois de recoller todo, dende a organización queremos pedirvos desculpas polos erros que puidemos cometer. A decisión deste ano con respecto á meteoroloxía foi difícil de tomar, para unhas persoas foi acertada, para outras non. Sentímolo de verdade, graciñas pola vosa comprensión e apoio incondicional.


Queremos agradecer a toda a xente que fixo posible esta edición do Espazo Activo da Ulla - Pasabodeghas.


GRAZAS aos nosos veciños/as adegueiros/as: Pepe da Pedreira, A de Claudino, A de Carmela, González, Bouzón, Pegito, Manolo de Casimiro e Viñas do Fondal. Eles, xunto coas súas familias e amizades que sempre lles axudan, son o pilar fundamental desta festividade.


GRAZAS a tódol@s veciñ@s, soci@s, membros da directiva e colaboradores/as que dunha maneira ou doutra traballaron e axudaron nesta edición do Pasabodeghas; sodes o motor deste proxecto. Eles e elas teñen nomes e apelidos.


GRAZAS aos establecementos que nos axudaron na venda dos Packs Pasabogeghas: Viñoteca Ventosela, Cafetería Rosaleda, Restaurante A Tixola, Alquimia Street Food, Taberna do Ferrador, O Patio, Librería Lino, Hamburguesería Florida, Os Peares, A Riala, Casa Pernas, Taberna do Vento.


GRAZAS ás empresas colaboradoras, que axudaron e apoiaron económicamente ou en especie para que esta edición fora adiante: Pirotecnia Penide, Electricidade Manuel Fernández, Verbegal, Maxin, Peluquería Mucha, Taberna do Ferrador, O Patio, Sapa, Talleres López, Xeos da Ulla, Pulpería Juan Guerra, Pollos Rivadulla, Flor con Arte, Supermercado Claudio Sarandón, Viajes Peillet, Autos Brea, E-lo?, Odaiko, Sonora, Mel Berce, Carpas Germiñas, ACOE, Eixoprint, Panadería Victoria, Ulla Oil, Maderas Lata, Construcciones Sarandón, Vda. De Parada e J. Albela, Celso Calviño, Estrella Galicia, Grupo Bograo e Mas Suárez.


GRAZAS a tódolos grupos que levaron a súa música polas adegas e eiras: Cantares da Cunha, os Feroces da Galgueira, Sarillo de Aiazo, Os He Hai, Farrapos de Cesullas, Franghullas, Buxaina, No Cómbaro, Son da Illa, Charanghaitos, Son de Gaita, Borja e Cía, Reviravolta, Airiños do Eume, Silandeira, Rumbía, Argalleiros, Fol da Chousa.


GRAZAS aos grupos participantes no Festival Folclórico da Ulla: A.C. Mestre Manuel Gacio, OCT Ultreia e aos grupos da A.C. San Campio. Tamén á AC Coto da Nai de Aríns.


GRAZAS a Cé Orquestra Pantasma, aos regueifeiros Suso de Xornes e Luis Caruncho
e Anacos por entreter á cativada.


GRAZAS a Pan Sen Fron, Carapaus, Tiruleque e Banda Xangai pola música e as bailas.


GRAZAS a Eugenio e Carmen por deixarnos montar o espazo infantil na súa finca, e a Pereiras por deixarnos a súa adega vella.
GRAZAS ao C.R.A. Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”, ao CPI de Vedra, ACUXUVE, AGADEA, Raiceiros, Museo do Pobo Galego, Consello da Cultura Galega, CDR Medelo, A Mesa, Rocío Carbia, Voluntariado Interxeracional do concello de Vedra por encher as eiras de cultura poñendo en valor a tradición oral. Grazas a tódolos/as artesáns por estar a pesar de caer chuzos de punta.


GRAZAS ao GDR Terras de Compostela, a Daquí Darredor e AC Festa da Filloa de Lestedo por implicarse atope mostrando os seus sabores e saberes.

GRAZAS á organización de Laxetos do Rural, e en especial a Rubén Riós, pola irmandade destas dúas iniciativas que tratan de poñer en valor o rural.


GRAZAS á Deputación da Coruña, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, e principalmente ao Concello de Vedra polo seu apoio.


GRAZAS á Comisión de festas que sempre colaboran deixando material.


GRAZAS ás persoas que tomaron a iniciativa para organizar autobuses dende diversos recunchos con destino á nosa terra.


GRAZAS a aquelas persoas e entidades que ao mellor non citamos aquí por despiste pero que axudaron atope para seguir adiante con este proxecto.


E por suposto, GRAZAS a tod@s vós “festeiros e festeiras”, visto o deste ano é mellor falar de “devotos e devotas” por vir a desfrutar outro ano máis. Sodes o máximo!!


Vémonos polo mundo e se chove que chova!!!

bottom of page