top of page
Multimedia_PASABODEGHAS23-(Redes)-06.jpg

Pasabodeghas

O “Pasabodeghas” é unha experiencia para desfrutar xente de tódalas idades;  dende a cativada, pasando pola mocidade…e ata as persoas maiores.


Ten por obxectivos promocionar alternativas culturais e recuperar espazos para o encontro aproveitando ao máximo os recursos que ofrece a zona (adegas, eiras, camiños… viños, tapas… música tradicional…), ao tempo que incentiva o espírito creativo xerando actividades, espectáculos, mostras, concertos… Tamén trata de favorecer o desenvolvemento comunitario e endóxeno do territorio, poñendo en valor o rural.

En definitiva, o “Pasabodeghas” busca que as persoas que asistan, descubran o sentir da aldea, coñezan as tradicións, os costumes, a gastronomía, a música e as xentes.

  • Espazo Activo da Ulla
  • Instagram
  • Facebook
bottom of page