top of page

Esgotados!

WhatsApp Image 2023-10-02 at 21.49.57.jpeg

Pack Pasabodeghas

Para acceder ao recinto poñeranse á venda un número limitado de “Packs Pasabodeghas”.

O “Pasabodeghas” non é gratis, o/a maior patrocinador/a  es ti colaborando coa adquisión do “Pack Pasabodeghas” que che dará acceso ao recinto. Esta é a maneira de financiar un amplo programa de actividades, degustacións…

O aforo é limitado. Poderase adquirir previamente ata fin de existencias. O propio día non estará a venda.

Prezos

  • “Pack Pasabodeghas xeral” (de 18 anos en diante): 15 € (Inclúe: xerro de barro, pulseira, degustación de viño e tapas en 8 adegas, ambiente festeiro con música tradicional, espectáculos, mostras, concertos…)

  • “Pack Pasabodeghas xuvenil”( de 12 a 17 anos): 15 € (Inclúe: xerro de barro, pulseira, degustación de refrescos e tapas nas 8 adegas, ambiente festeiro con música tradicional, espectáculos, mostras, concertos…). Os menores de 18 anos non poderán consumir bebidas alcohólicas.

  • Os/as menores de 12 anos poderán acceder ao recinto de forma gratuita, pero precisan vir acompañados/as dun adulto responsable para poder entrar. De forma opcional poden adquirir o “Pack Infantil”: 10 €  (Inclúe: un xerro infantil, pulseira, lambonadas, degustación de refrescos… e moito máis.)

Lugares á venda

Ollo!, a partir do 6 de outubro estarán á venda:

  • Taberna do Ferrador (San Miguel de Sarandón)

  • Bar O Patio (Santa Cruz de Ribadulla)

  • Librería Lino (Lestedo)

  • Viñoteca Ventosela (Santiago)

  • Cafetería Rosaleda (Santiago)

  • Restaurante A Tixola (Santiago)

  • Alquimia Street-Food (Santiago)

  • Hamburguesería Florida (A Estrada)

  • Os Peares (A Estrada)

  • A Riala (A Estrada)

  • Casa Pernas (Pontevea)

  • Taberna do Vento (Botos-Lalín).

  • Espazo Activo da Ulla
  • Instagram
  • Facebook
bottom of page