top of page
IMGP7579.jpg

Un pouco de historia...
O Espazo Activo da Ulla

O Espazo Activo da Ulla é un espazo de cultura, encontro, lecer e animación. Nace no seo da Asociación Cultural San Campio no ano 2001 a partir de contactos persoais entre membros de asociacións.

A realización deste proxecto fundaméntase no valeiro existente de actividades alternativas nesta zona do rural, e na falla de espazos para o encontro; na procura da promoción e a cooperación cultural, a difusión e o espallamento da cultura das terras da Ulla en particular e da galega en xeral.

Ao longo da súa vida esta iniciativa sufriu unha evolución, dando lugar a diferentes cambios no formato, partindo sempre dunha análise de necesidades e das inquedanzas dos veciños e veciñas e membros da entidade.

Actualmente realízase na última fin de semana do mes de outubro. Durante estes dous días xérase un gran espazo aberto e de convivencia, fomentando o intercambio de experiencias entre os asistentes, e entre estes e mailos veciños/as da zona a través das diferentes actividades.

A actividades estrela é o “Pasabodeghas” que se celebra o sábado pola tarde; unha ruta gaiteira por  adegas-casas que se converten en espazos de gastronomía e cultura.

Pola noite no espazo “Festexarte” teñen lugar os concertos de grupos de música folk, ska, rock…acompañados dun magosto.
O domingo celébrase un xantar-foliada, e o remate pono un espectáculo alternativo.
A nivel xeral, hai un bo nivel de participación e implicación. Cóntase coa colaboración de diferentes axentes comunitarios (asociacións, grupos musicais, empresas, organismos públicos). ..e tamén de particulares.
En definitiva, este proxecto busca un uso activo e creativo do lecer da poboación xeral (nenos/as, xoves, persoas adultas e maiores) ao tempo que pon en valor as manifestacións culturais galegas como parte do noso patrimonio cultural.

  • Espazo Activo da Ulla
  • Instagram
  • Facebook
bottom of page